Aforrar cartos coa túa lavadora é posíbel, aplicando estes sinxelos consellos no teu día a día.
Aforrar cartos coa túa lavadora é posíbel, aplicando estes sinxelos consellos no teu día a día. Con todos os gastos económicos que temos que arrostrar diariamente, é hora de considerarmos como optimizar a enerxía que precisan os nosos electrodomésticos. Neste caso, a lavadora é o terceiro electrodoméstico que máis enerxía consume no noso fogar, pois cada familia pon a lavadora unha media de 3 ou 5 veces ás semana (unhas 200 ao ano), e por iso debemos de reducir o impacto de enerxía e consumo de auga que vai en detrimento do noso peto.
Por iso, imos analizar catro claves para aforrar no importe da factura da casa sen afectar as nosas tarefas regulares de lavado. En resumo, habemos optimizar máis que nunca o noso consumo de luz e auga, acadando os mellores resultado en lavado eficiente e aforrador. Pero deixémonos de teoría e pasemos á práctica!
Imos tirar partido do noso lavado de roupa con estes consellos que nos van aforrar apertos e nos darán osíxeno para corrixir outros gastos.
4 trucos para aforrar cartos coa túa lavadora
- Tipo de lavadora
- Como saber que electrodoméstico é o axeitado para nós? En primeiro lugar, imos analizar cantas persoas imos utilizalo, se só somos unha persoa abonda cunha lavadora de 5 kg de carga, en troques, se somos unha familia viríanos mellor unha de 7 kg ou máis.
- As lavadoras máis eficaces son máis caras, mais a longo prazo aforran máis enerxía. A fin de contas, unha lavadora barata pode encarecer por mor dun consumo excesivo. Temos que fixármonos na etiqueta enerxética e mercar a lavadora máis eficaz posíbel.
- Deterxente axeitado
- Imos escoller un produto que funcione a temperaturas baixas, capaz de soportar lavados en frío, que nos vai permitir aforrar máis enerxía.
- Os deterxentes líquidos coidan mellor a roupa e quitan mellor as manchas.
- Dosifica axeitadamente o deterxente segundo a carga de roupa. Emprega a menor cantidade de deterxente posíbel; pór máis produto non quere dicir que as prendas saian máis limpas, ó contrario, poden quedar residuos que no final poden obstruír o funcionamento.
- O mellor programa de lavado
- Calcula o gran de sucidade da roupa que vaias lavar, cómpre adaptar a roupa ao tipo de lavado para sermos máis eficientes.
- Debemos encher a lavadora ao máximo da súa capacidade pero sen sobrecargala.
- Se tes unha urxencia e precisas poñer unha lavadora con pouca roupa, emprega o programa de «media carga» ou lávaa a man.
- Si tienes ropa muy sucia o con manchas complicadas es recomendable hacer un prelavado de agua templada o caliente y usar ciclos largos.
- Se tes roupa moi sucia ou con manchas complicadas é recomendábel facer un prelavado de auga morna ou quente e empregar ciclos longos.
- Lava en ciclos fríos (un programa de 60 °C no canto dun de 90 °C pode reducir o gasto de enerxía á metade).
- Emprega sempre auga fría no aclarado.
- Centrifugando afórrase máis que cunha secadora, emprégase unha pequena fracción da enerxía que as secadoras de condensación.
*O 90 % da enerxía que consome unha lavadora utilízase en quentar a auga; por iso evitaremos as altas temperaturas de lavado.
- Reparación e mantemento axeitado para aforrar
- Para alongar a vida da lavadora cómpre ter limpo o tambor, a xunta de goma e a caixa do deterxente, que os limparemos cada tres ou catro meses.
- O mantemento e a revisión do produto impedirá que suframos contratempos inagardados. Polo que un bo mantemento é vital para unha vida longa da nosa lavadora. Para evitarmos sorpresas adoita ser recomendábel un contrato de mantementos. Máis información na sección mantemento da nosa páxina web.
Consellos adicionais para aforrares cartos coa túa lavadora
Tamén cómpre ter presente:
- Revisar e limpar o filtro unha vez ao mes, xa que pode quedar obstruído por un exceso de cal e o consumo da enerxía pode aumentar un 20 %.
- Aproveita os días de sol para evitar o uso da secadora, un dos electrodomésticos que máis consomen.